Central Lechera Asturiana elixida empresa española con mellor reputación

Central Lechera Asturiana elixida empresa española con mellor reputación

O estudo RepTrack España levado a cabo pola Reputation Institute revelou que Central Lechera Asturiana é a empresa española con mellor reputación, así como a primeira marca de alimentación deste ranking logo de acadar unha puntuación de 78 puntos de entre as máis de 250 compañías con mellor reputación do país, ocupando o sexto lugar no ranking xeral.

Os factores que se tiveron en conta para esta valoración son sete: a oferta de produtos e servizos, a innovación, a contorna de traballo, a integridade, a cidadanía, o liderado e os resultados financeiros. Central Lechera destacou especialmente en Produtos e Servizos, onde acadou o cuarto lugar, así como en Integridade (sexto posto), Contorna de Traballo (quinto) e Cidadanía (cuarto).

Este título xorde como recoñecemento á aposta continuada de Central Lechera Asturiana cimentada en catro alicerces: apoiar ao sector primario e ao mundo rural, promover a saúde a través da nutrición, protexer o medioambiente e ser un empregador exemplar.