Bayer nomeou a Catarina Fernandes como nova responsable de Rexistros e Farmacovigilancia de Animal Health (AH) en España, unha unidade á que chega tras 15 anos de experiencia internacional no sector.
Catarina Fernandes é licenciada en Veterinaria pola Universidade de Évora (Portugal), conta cun máster en Saúde Pública Veterinaria pola Universidade Técnica de Lisboa e actualmente está a cursar un MBA. Será a responsable dun amplo portfolio de medicamentos e produtos de uso veterinario para animais de compañía e animais de granxa, entre os que destacan antiparasitarios externos (como Advantix® e Seresto®), internos e endectocidas (no caso das mascotas), e anticoccidicidas, así como os indicados para as enfermidades metabólicas en gando vacún ou a gama de bioseguridade en animais de granxa.
Máis información no seu comunicado