“Cara a cara fronte á BVD”, unha xornada online de Boehringer Ingelheim

“Cara a cara fronte á BVD”, unha xornada online de Boehringer Ingelheim

Este xoves, 3 de decembro, ás 18:30 h., regresan as tertulias dixitais de Boehringer Ingelheim, as cales, nesta ocasión, se desenvolverán baixo o título: “Cara a Cara fronte á BVD”.

O faladoiro porá fronte a fronte a Ignacio Arnaiz (responsable do Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo) e Aranza González (veterinaria responsable da ADSG Gando Vacún de Mesía) para abordar a Diarrea Vírica Bovina desde dúas perspectivas diferentes. O encontro, moderado por Manuel Cerviño, do servizo técnico de Rumiantes de Boehringer Ingelheim, permitirá coñecer en profundidade tanto o punto de vista do laboratorio como o do técnico de campo.

Inscrición para profesionais gratuíta e dispoñible nesta ligazón.