Cándido Cancelo será o novo director xeral da cooperativa Aira ao xubilarse Daniel Ferreiro

Cándido Cancelo será o novo director xeral da cooperativa Aira ao xubilarse Daniel Ferreiro

Cándido Cancelo Cabanas asumirá a partir do 1 de xaneiro de 2025 o seu novo cargo como director xeral de Aira. Este cambio prodúcese pola xubilación de Daniel Ferreiro, actual responsable do posto, que leva vinculado dúas décadas á compañía.

Cancelo chega á cooperativa, con sede no concello lucense de Taboada, despois dunha traxectoria de máis de vinte anos de experiencia na dirección e desenvolvemento de proxectos estratéxicos en mercados globais e en distintos ámbitos.

"Aira é un referente no sector agroalimentario. Agardo contribuír a que esta cooperativa sexa un motor no agro galego, ao tempo que se mantén ao carón dos 3.000 socios que a integran", valora Cándido Cancelo.

Nestes primeiros meses, o novo director xeral contará coa colaboración do seu predecesor, que continuará ligado a Aira para facilitar a remuda da directiva.