Campoastur estrea década con Carlos García como novo presidente

O pasado venres celebrouse a asemblea xeral ordinaria dos socios da cooperativa Campoastur, un acto no que se aprobaron por unanimidade as contas anuais de 2022. Os datos demostran que se alcanzou unha cifra de negocio de 82.919.775 €, cun resultado antes de impostos de 447.876 €, un 0,47 % máis que o ano anterior. 

Durante o encontro tamén se aprobou a elección de novos cargos do Consello Reitor, entre os que se atopaba o novo presidente da cooperativa; Carlos García foi o elixido, e toma o relevo de M.ª Cruz Rodríguez, que deixa o seu cargo tras 10 anos ao fronte da entidade. Carlos García é fundador da cooperativa Chaca, referencia en gandería asociativa en Asturias. Incorporouse ao Consello Reitor de Campoastur en 2015 como secretario, e participou activamente nos debates e decisións do consello.

Logo da súa asemblea xeral, Campoastur reuniu a autoridades, empresas, proveedores, colaboradores e principais operadores do sector cooperativo do norte de España para celebrar os seus 10 anos no campo asturiano. Marcelino González, director xeral da compañía, compartiu cos asistentes a evolución da cooperativa. Jesús González, profesor universitario e político, tamén deu un relatorio baixo o título "A cuestión rural en Asturias". O acto clausurouse coa intervención de Alejando Calvo, Conselleiro de Medio Rural e Cohesión Territorial do Goberno do Principado de Asturias.