Syngenta presentou entre a súa rede de distribución e técnicos a nova formulación Camix® 560 SE. Nos encontros, técnicos, xerentes e especialistas da firma analizaron as estratexias de loita contra as malas herbas para os próximos anos, nos que a limitación do uso de materias activas como a terbutilazina van demandar unha planificación integral do cultivo.
Camix® 560 SE preséntase como unha solución herbicida libre de terbutilazina, tanto en aplicacións realizadas en preemerxencia como en postemerxencia. Esta renovada formulación está mellorada e adaptada aos requirimentos do mercado. Entre as súas vantaxes destacan: un maior rendemento co volume de caldo habitual; máis estabilidade en condicións adversas cunha excelente disolución; mellora os niveis de filtrado con partículas homoxéneas para evitar o atasco nas boquillas e conta con tensioactivos de última xeración que preveñen a formación de espuma durante a mestura e a aplicación.
Con esta novidade, Syngenta segue coa súa estratexia de pór a disposición dos agricultores dous novos avances tecnolóxicos ao ano, que contribúan a impulsar a agricultura rexenerativa e axuden a mitigar os efectos do cambio climático, como se reflicte no seu plan de compromisos "Good Growth Plan".