GEA EN EL PINÓS NOU

Calidade de muxido e independencia de man de obra todos os días do ano

El Pinós Nou é unha granxa familiar situada en Rupit i Pruit, ao norte da provincia de Barcelona e a 1.000 metros de altitude. A súa localización, bastante afastada dos grandes núcleos de poboación, convértese pouco a pouco no seu principal hándicap para a contratación de traballadores e os seus propietarios, Jordi, Sebastiá e Gerard Juanola, deciden hai case dous anos dar o paso ao muxido robotizado para lograr independencia total de traballadores externos e poder levar todos os traballos na gandería unicamente entre os tres.

Os seus tres DairyRobot R9500 arrancaron o muxido das súas 180 vacas en novembro de 2021 e xa lograron incrementar a súa produción uns 7 litros por vaca e día e chegar a superar os 3 muxidos de media.

Á robotización do establo, engadiron a incorporación dos colares CowScout, para o control da actividade, a detección de celos, a inxestión, a ruminación e a inactividade das súas vacas, e tamén a amamantadora C400 con dous boxes, para a recría das súas xatas.

EL PINÓS NOU

Localización: Rupit i Pruit (Barcelona)
Número total de animais: 460
Vacas en muxido: 180
Media de número de muxidos: 3,25-3,29
Media de produción: 42 litros/vaca/día
Porcentaxe de graxa: 3,80 %
Porcentaxe de proteína: 3,35 %
RCS: 180.000-250.000 cél./ml

Que sistema de muxido tiñan antes de instalar o robot?
Muxiamos cunha 2x8 de espiña de pescado.

Por que decidiron robotizar o muxido?  
Primeiro, polos problemas que tiñamos para atopar traballadores. Estamos a 1.000 metros de altitude, un pouco separados da civilización e a verdade é que era complicado. Chegamos a pagar por catro horas e media diarias, para o muxido da tarde e unha fin de semana si e outra non, uns 2.000 euros, se era autónomos, ou 1.600, se eran fixos, e nin así conseguiamos xente. Un desastre.

Segundo, pola forma de muxido, que sempre é a mesma.

Por último, porque tes garantido o muxido sexa sábado, domingo, Nadal ou 1 de agosto. Esperabamos tamén un aumento na produción e un mellor benestar para as vacas.

Por que escolleron GEA e que características deste modelo lles gustaron máis?
A maiores de ver un robot cun deseño moi sinxelo, encantoume o feito de poder separar o leite dos catro tetos e a velocidade de colocación, considerablemente diferente a robots doutras marcas.

Ademais, foi esencial tamén o servizo técnico, porque nesta comarca é moi bo e rápido.

 “Encantoume o feito de poder separar o leite dos tetos e a velocidade de colocación”

Como lembran o proceso de cambio?
O feito de querer poñer os robots onde estaba a antiga sala de muxido fixo que o proceso fose duro. 

Colocamos os dous primeiros robots, o da nave de abaixo e o dun lado da sala de muxido, e tivemos que muxir todas as vacas nun só lado da sala. Logo, en dous días tivemos que instalar o terceiro, amorear e muxir todas as vacas en dous robots e, finalmente, arrancar co muxido no terceiro box.

Que diferenzas notan da sala ao robot?
En novembro cumprimos un ano co muxido robotizado. Aumentamos a produción uns 6 ou 7 litros por vaca e creo que poderemos chegar a 8 ou mesmo a 10 litros máis por vaca, porque pasamos de estar a dous muxidos a lograr unha media de 3,25-3,29.

Tamén comezamos a notar mellor calidade de vida e o traballo faise moi diferente. 

As vacas están máis relaxadas e non teñen os ubres tan dilatados. Non fan todas o mesmo ao tempo e iso axuda a superar esa orde xerárquica que existe entre elas.

 

HÉCTOR SALAS,

DELEGADO DE GEA EN CATALUÑA, ARAGÓN, NAVARRA, BALEARES Y CANARIAS

“No robot das primíparas atopámonos cunha media superior aos tres muxidos, o que aumenta o seu pico de lactación entre 8 e 12 litros de media”

 

Cal foi o reto máis destacado do proxecto de El Pinós Nou?
O principal foi montar a instalación dos robots ao mesmo tempo que se traballaba coa sala de muxido. Comezamos co primeiro deles nunha instalación relativamente independente, cunhas 60-70 vacas. Para o segundo robot, anulouse a sala de muxido por un lado e muxíronse todos os animais só no outro lado e, para o terceiro robot, traballouse durante uns dous días con todos os animais dos tres patios en dous robots mentres que se rematou a súa posta a punto, o que implicou máis esforzo por parte dos gandeiros. 

Finalmente, quedaron colocados tres DairyRobot R9500, xa coa última versión de software incorporada, con todas as actualizacións no módulo de muxido e todo o que isto implica para a optimización dos tempos de muxido e a xestión do rabaño.

 

Que aspecto destacaría desta granxa?
Os animais nesta gandería divídense en tres zonas produtivas, co seu robot correspondente: un lote de baixa produción; outro de alta produción, con primeiros partos e animais máis complicados, onde traballan co separador de costros e onde hai animais con necesidades especiais, e un terceiro grupo, puramente de alta produción, con vacas multíparas que producen entre 35 e 65 litros por día. Debemos destacar que no robot das vacas de primeiro parto atopámonos cunha media superior aos tres muxidos por vaca e día. As primíparas, ao ter menos capacidade cisternal no ubre, agradecen moito o feito de poder ir varias veces ao robot e poder realizar varios muxidos. Este detalle pode chegar a incrementar no caso das primíparas entre 8 e 12 litros máis de leite o seu pico de lactación. Ademais, xa se afán a ir máis frecuentemente ao robot e a ter más muxidos.