CalfRail CFR100, o novo sistema de DeLaval para a alimentación das xatas

CalfRail CFR100, o novo sistema de DeLaval para a alimentación das xatas

O brazo robótico CalfRail CFR100, de DeLaval, é unha nova maneira de alimentar as xatas nos seus primeiros días de vida, máis natural con pequenas porcións, ata 8 veces ao día, o que permite que beban máis leite e teñan un maior aumento de peso antes de levalas ao establo, onde empezará a cría en grupo. Ao ser máis fortes vese reducido a estrés que supón esta transición.

O CFR100 desprázase sobre un raíl para alimentarlas automaticamente de forma individual cando están en aloxamentos individuais, sendo unha solución que se complementa coa amamantadora automática CF1000S. Dá un bo control da alimentación en cada porción, así como na cantidade total proporcionada a animais individualmente, o que achega un excelente rendemento das xatas.

Ademais, cada CFR100 pode alimentar un máximo de 50 xatas e cada CF1000S pode traballar cun máximo de 2 brazos robóticos CFR100, o que se traduce en menos custos de man de obra.

Por último, este CalfRail rexistra información sobre a alimentación das xatas, como a velocidade de alimentación ou a cantidade de bebida, para crear un informe estatístico fácil de analizar, podendo acceder a estes datos no establo, na oficina ou de camiño á granxa.