Calfensa presenta o seu servizo de esparexido de calcarias e fertilizantes

Unha das prácticas habituais antes da sementeira do millo forraxeiro é, para moitos agricultores e gandeiros, o encalado das parcelas para corrixir o nivel de pH do chan e favorecer a absorción posterior de micronutrientes por parte do cultivo.

Unha solución para levar a cabo este labor é a que ofrece Calfensa, empresa especialista no sector de calcarias e fertilizantes e na súa aplicación, a través de carrocetas con sistemas de brazos de máxima precisión que reducen as perdas.

Neste vídeo poderedes coñecer en detalle o funcionamento deste sistema.