Caixa Rural Galega doa 2.000 euros ao Banco de Alimentos de Lugo no Día Solidario

Caixa Rural Galega doa 2.000 euros ao Banco de Alimentos de Lugo no Día Solidario

O Banco de Alimentos de Lugo recibiu unha achega de 2.000 euros de Caixa Rural Galega, froito da campaña do “Día Solidario”, unha iniciativa do Grupo Caixa Rural que destina o 20% do importe das pólizas comercializadas nesa xornada a proxectos sociais.

A presidenta do Banco de Alimentos, Amadora Núñez, recibiu o cheque das mans do director comercial da entidade e de Tatiana Sacedo, do departamento de Márketing. Durante o acto, Núñez mostrou as instalacións e o labor que desenvolven as persoas voluntarias que fan posible a distribución de alimentos a persoas en situación de vulnerabilidade.

O Día Solidario, celebrado coincidindo coa Volta Ciclista a España, reforza o compromiso do Grupo Caixa Rural e do equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA coa solidariedade e o apoio ás comunidades locais.