Caixa Rural Galega, con récord de beneficios en 2018

Caixa Rural Galega, con récord de beneficios en 2018

Caixa Rural Galega celebrou este sábado a súa asemblea anual, presidida por Manuel Varela e os representantes de xuntas preparatorias celebradas durante estas últimas semanas nas localidades de Monforte de Lemos, Lugo, Meira, A Coruña e Ourense.

O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das contas do exercicio 2018, das que destaca un beneficio neto de case 5,4 millóns de euros, cifra nunca antes acadada. As contas recollen uns activos que superan os mil millóns de euros e que igualmente supón outro fito na historia da entidade que non deixou de medrar ao longo da súa traxectoria.

Toda a información no seu comunicado