Caixa Rural Galega pechou as contas do exercicio 2022 cun beneficio neto de 9 millóns de euros

Caixa Rural Galega pechou as contas do exercicio 2022 cun beneficio neto de 9 millóns de euros

Caixa Rural Galega celebrou o pasado sábado a súa Asemblea Xeral anual, contando coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela. Na reunión, a entidade aprobou as contas do exercicio 2022, das que se destaca un beneficio neto que acadou preto de 9 millóns de euros, o que supón un incremento do 40 % respecto do ano anterior e unha cifra récord para a corporación con sede en Lugo.

2022 foi un ano que evolucionou de máis a menos en canto aos indicadores económicos, aínda que quedou esquivada a recesión. O ano experimentou unha escalada de prezos preocupante que trouxo perdas importantes de poder adquisitivo. Ademais, o xiro da política monetaria do BCE provocou unha subida de tipos de interese até niveis de 2008, o que engadiu tensión ás economías de moitas familias e empresas.

En relación ao futuro, a compañía espera que o ano 2023 vaia a ser difícil pola desaceleración económica, a inflación e a subida de tipos, ademais da incerteza que segue infundindo a guerra de Ucraína. Porén, confíase en que sexa outro bo exercicio para a entidade.