Caixa Rural Galega celebrou a súa Asemblea Xeral anual este sábado en Lugo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela,e os representantes das Xuntas Preparatorias celebradas durante estas últimas semanas nas localidades de Ribadeo, Chantada, Santiago de Compostela, Cambados e Lugo.
O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das contas do exercicio 2025, das que destaca un beneficio neto algo superior aos 32 millóns de euros, o que supón un lixeiro incremento respecto do exercicio 2024, algo superior ao 1%, pero que serve para volver a bater unha nova marca de beneficio para a Entidade con sede en Lugo.
Este incremento é debido fundamentalmente a menores necesidades de dotacións a provisións así como melloras sostidosde eficiencia. Pola contra, o marxe bruto foi algo inferior a 2024, reducíndose en algo más do 6%,debido á evolución á baixa dos tipos de interese experimentadaao longo do exercicio, e pese aos crecementos de volume xestionado.
As contas recollen uns activos que superan os dous mil seiscentos sesenta e sete (2.667) millóns de euros e que supón un crecemento algo superior ao 14% respecto do ano anterior.Os depósitos de clientes acadan os dous mil tres centos noventa e dous (2.392) millóns de euros, cun crecemento no exercicio de máis de dous centos setenta (270) millóns, mentres a inversión crediticia supera por primeira vez os mil (1.039) millóns de euros, en termos netos, cun crecemento por riba dos cento corenta (140) millóns de euros.
A morosidade pechou o exercicio no 2,11%,continuando cunha evolución satisfactoria ao reducirse respecto do exercicio anterior e manténdose substancialmente por baixo da media do sector.
Aratio de solvencia acada o 22,97% cunha mellora de preto de dous puntos respecto do ano anterior debido ao excepcional resultado, o que mantén un nivel en torno ao dobre do requirido polo regulador.Esta mellora afianza a fortaleza da entidade de cara seguir medrando no futuro.
Outro punto relevante da orde do día foi o relevo no Consello Reitor de Aquilino Rodríguez López tras 24 anos como membro do mesmo. A Asemblea, propuxo a Ana Rodríguez Muradás como novo membro, que será a cuarta muller incorporada ao Consello Reitor de Caixa Rural Galega no momento en que tome posesión do cargo.
Na súa intervención, o Presidente da Entidade fixo unha análise da situación económica actual, tanto a nivel internacional como nacional e galego, no que destacou a mellor evolución da economía española respecto do seu entorno nos últimos trimestres, pero na que xa se empezan a notar sinais de desaceleración polo contexto internacional,ao que debemos engadir o final dos fondos europeos. En canto á evolución da economía galega, na liña de estatal, mostrou certa preocupación polo envellecemento da poboación que previsiblemente limitará a capacidade de crecemento.
Neste contexto, destacou que Caixa Rural Galega pechou un exercicio 2025 novamente cun resultado extraordinario,que adquire aínda maior relevancia se o situamos nun contexto económico caracterizado pola incerteza, a volatilidade dos mercados e os desafíos derivados do contexto internacional. Neste escenario, a entidade segue a manter o rumbo, fiel aos seus valores cooperativos fundacionais e á súa vocación de servizo ao territorio, para seguir medrando de xeito sustentable, reforzando a súa solvencia emantendo sempre a prudencia na xestión.
En relación ao futuro, salientou que os retos que ten por diante a Entidade, como a dixitalización ou o complexo contexto económico, afrontaransedesde unha posición de fortaleza, cunha base sólida e coa confianza que lle outorgan os resultados acadados.Uns resultados que son froito dun esforzo colectivocompartido entre socios, equipo humano e órganos de goberno, e que permitirá á Entidade seguir avanzando con garantías nos próximos anos.
As derradeiras palabras foron para facer un recoñecemento e agradecemento a Aquilino Rodríguez López pola súa dedicación durante os últimos 24 anos, sempre en liña cos valores cooperativos, con rigor, honestidade e lealdade, para construír unha destacada traxectoria que sen dúbida deixa unha profunda pegada na Entidade, queademaiscumpre 60 años en este 2026.