BvL: Black Edition para celebrar o seu 160.º aniversario

O vermello brillante fora ata agora a cor corporativa que identificaba inequivocamente aos carros mesturadores fabricados por Bernard van Lengerich Maschinenfabrik GmbH & Co KG (BvL) en Emsbüren, que importa en exclusiva para a península ibérica Farming Agrícola. A empresa alemá lanzou agora unha edición exclusiva conmemorativa do 160.º aniversario “BvL Black Edition” de todos os seus carros mesturadores en cor negra.

Os carros mesturadores de BvL poderán pedirse pintados de negro durante os próximos meses, dentro desta oportunidade limitada que BvL lles ofrece aos seus clientes. A gama de carros mesturadores arrastrados da marca alemá inclúe modelos de 1, 2 e 3 sinfíns con descarga traseira, dianteira ou lateral, así como modelos de dimensións reducidas e de carga traseira.