EXPERIENCIA CON OXY SEAL EN MANTOÑO HOLSTEIN

“Buscamos obter unha forraxe da máxima calidade posible e moi ben conservada”

Na última campaña de ensilado de millo os propietarios de Mantoño Holstein (Barreiros, Lugo) confiaron en Oxy Seal Silage Film, de Solplast, para o tapado e a conservación do seu silo. A finais do mes de outubro achegámonos ata a súa granxa para coñecer a súa experiencia con todo o proceso de cobertura e uns meses máis tarde falamos con Saúl Dorado de novo, quen nos explicou as súas impresións á hora de abrir o silo e os datos de calidade da forraxe.