Dellait acaba de converterse no novo propietario das marcas de inoculantes de ensilado Nutretain One, Nutretain Plus e Nutretain Max, ademais da marca do conservante de feo Nutretain DH.
Nutretain é unha tecnoloxía de conservación de forraxes baseada en investigacións científicas que combina de forma sinérxica múltiples cepas bacterianas con complexos encimáticos. Deste xeito acelérase o proceso de fermentación e aumenta a produción de ácido láctico ao mesmo tempo que mellora a recuperación de materia seca e a calidade da forraxe.
Mike Bettle, presidente de BritAm Nutritional Concepts Inc., quen desenvolveu a liña de produtos Nutretain hai máis de 25 anos, continuará traballando como especialista en forraxes e nutricionista de vacún leiteiro en Dellait, unha firma internacional de consultoría especializada en nutrición e manexo do gando vacún leiteiro que ofrece servizos e solucións á industria leiteira. Na actualidade, o seu equipo multidisciplinar está composto por consultores, científicos e analistas de datos e combina un amplo coñecemento do sector xunto cunha dilatada experiencia en nutrición e saúde animal, calidade de leite, prácticas de manexo e intelixencia empresarial.