Bovela® , líder fronte á BVD

Cinco anos despois do seu lanzamento ao mercado, Boehringer Ingelheim consolida o liderado de Bovela® fronte á BVD ao chegar aos 14 millóns de doses vendidas na Unión Europea.

No ano 2015, a aparición de Bovela® marcou un punto de inflexión no sector, sendo a primeira vacina MLV fronte á BVD que garantía ao 100 % a protección fetal, incluíndo cepas non citopáticas dos dous xenotipos de virus: BVD-1 e BVD-2. Ademais, Bovela® presentábase como unha vacina que podía aplicarse en animais moi novos, independentemente do estado reprodutivo, e mesmo en calquera momento do período de xestación.

O lanzamento de Bovela® supuxo unha revolución no control da BVD con fortalezas como unha única aplicación, mesmo en primo-vacinación e protección durante un ano (período tras o cal se debe revacunar ao animal). Estes valores apoian o crecemento progresivo do produto, ata cruzar a barreira dos 14 millóns de doses, tanto en vacún leiteiro como de carne.