Bovela®, de Boehringer Ingelheim, segue marcando o rumbo na vacinación fronte á diarrea vírica bovina (BVD), dez anos despois do seu lanzamento. Trátase da única vacina viva monovalente contra esta enfermidade en España.
Con máis de 30 millóns de doses aplicadas a nivel mundial, esta ferramenta emprégase tanto para previr a BVD como para a súa eliminación en animais persistentemente infectados.
En 2015, Boehringer Ingelheim lanzou ao mercado a primeira vacina viva modificada contra a BVD que garantizaba ao 100 % a protección fetal. Desde o primeiro momento ofreceu a posibilidade de ser inxectada en animais moi novos, con independencia do seu estado produtivo.
Segundo a compañía, a súa aplicación é sinxela e altamente segura para a vaca e o feto. Non provoca febre, nin depresión nin afecta ás taxas reprodutivas.