Bourio e DeLaval: unha relación de tres décadas

En Vaca Pinta 32 falamos sobre a experiencia con DeLaval na gandería asturiana Bourio, que xa vén de longo: hai case trinta anos que comezaron a traballar cunha sala desta marca e, desde marzo deste ano, fano con dous robots VMS™ V300, un cambio polo que se decidiron coa intención de chegar aos tres muxidos diarios, sen que isto lles supoña unha maior carga de traballo.

David Fernández, gandeiro da explotación, deixouno claro: "Decantámonos por este robot pola confianza que temos na casa e pola proximidade do servizo". Pola súa banda, Isabel González, encargada de instalacións de Hermanos Fernández de la Caridad, resaltou todos os detalles que fan destacar o modelo máis actual de robots de muxido de DeLaval.