A compañía farmacéutica Boehringer Ingelheim amplía a sú acarteira para o control da mamite co lanzamento de Lenzelta®. A vacina, que xa está dispoñible en España e noutros países da Unión Europea, presentouse este xoves no marco do Congreso Anembe, que se desenvolve esta semana en Valladolid. Segundo a empresa, o medicamento ofrece a gandeiros e veterinarios unha solución eficaz para coidar do gando leiteiro e garantir a viabilidade das ganderías. O grupo publicou un resumo coas características do medicamento para a súa libre consulta.
A mamite é unha das enfermidades máis frecuentes e con maior impacto económico no vacún de leite. A patoloxía afecta á saúde do ubre e reduce a calidade e a cantidade de leite, o que provoca importantes perdas de produción nas granxas. Os custos relacionados coa mastite representan un dos maiores impactos económicos evitables para os negocios leiteiros. Dado que as vacas son especialmente vulnerables na etapa próxima ao parto, as estratexias preventivas durante o período de secado desempeñan un papel fundamental para manter a saúde e o benestar dos animais, ademais de favorecer unha transición axeitada cara á lactación.
Nova ferramenta para a prevención de patóxenos
Segundo a compañía especializada en saúde animal, Lenzelta® actúa fronte a dous dos principais patóxenos responsables da mamite: S. aureus e E. coli. Ao centrarse na prevención nunha fase crítica do ciclo de lactación, a vacina contribúe a xerar condicións máis estables para a produción de leite e o benestar animal. Adminístrase en dúas doses durante o período de secado, o que facilita a súa integración nas rutinas xa establecidas de saúde do rabaño. Con este calendario de administración, a inmunidade pode iniciarse de forma temperá e o prazo de protección pode alcanzar os seis meses, cubrindo o período de maior risco de aparición de mastite.
A vacina utiliza un adxuvante libre de aceite e está dispoñible en distintas presentacións, o que indican que engade flexibilidade á práctica diaria. Esta novidade ofrece aos profesionais veterinarios unha forma práctica de xestionar a mastite de maneira proactiva cun enfoque preventivo, e aos gandeiros, un maior control do impacto das infeccións por mamite. Esta proposta da compañía busca axudar a reforzar a produtividade do rabaño e favorecer unha produción láctea máis fiable.