Boehringer presenta un proxecto para desmentir as falsas crenzas en relación á prevención do SRB

Boehringer Ingelheim Animal Health España pon en marcha “Desmontando mitos”, unha iniciativa que nace cun dobre obxectivo: desmentir as falsas crenzas que hai no sector bovino en relación á prevención do SRB e ofrecer unha visión actualizada da realidade científica.

Con esta misión, o proxecto desmontará mitos sobre a prevención eficaz do SRB desde un punto de vista científico e farao a través da difusión de contidos editoriais e audiovisuais en diferentes formatos. Nunha primeira etapa, a iniciativa seleccionou unha serie de publicacións técnicas baseadas en artigos científicos traducidos ao castelán.

Virus respiratorio sincitial bovino: vacinas vivas vs. vacinas inactivadas

O primeiro mito presenta unha información precisa e actual sobre a realidade das vacinas baixo o título Vacinas vivas vs. vacinas inactivadas en relación ao virus respiratorio sincitial bovino. Ante a falsa crenza que defende a maior eficacia das vacinas vivas fronte ás inactivadas para este virus, “Desmontando mitos” exporá información veraz e contrastada a través de diversos contidos que porá a disposición dos profesionais do sector.

Máis información sobre esta iniciativa de Boehringer e artigos dispoñibles en www.bovinium.es
Ver comunicado íntegro de Boehringer Ingelheim