Boehringer Ingelheim lanza Fencovis®, a primeira vacina no mercado europeo deseñada para previr a diarrea neonatal dos xatos causada por E. Coli e Rotavirus bovino, ademais de para reducir a gravidade da diarrea neonatal producida polo Coronavirus bovino.
Aplícase directamente sobre as nais xestantes, introducindo nelas un elevado grao de protección, que posteriormente se transfire ao xato a través do costro, protexéndoo fronte á diarrea neonatal bovina.
Fencovis® foi recentemente presentada ao público mundial no marco do World Buiatrics Congress, que se celebrou en Madrid o pasado mes de setembro. Lánzase como unha suspensión inxectable que contén os antíxenos inactivados e purificados de elevada capacidade inmunolóxica. A nova vacina de Boehringer Ingelheim lánzase con presentacións flexibles que se adaptan a todo tipo de explotacións, incluíndo un formato de 10 viarios de dose única.