Boehringer presenta o selador interno Ubroseal®

Boehringer presenta o selador interno Ubroseal®

Boehringer Ingelheim lanza ao mercado Ubroseal®, un selador interno de tetos cuxa composición é subnitrato de bismuto en suspensión intramamaria. Este novo produto de Boehringer está indicado para a prevención de novas infeccións intramamarias durante o período de secado. Nas vacas que se consideran libres de mastite subclínica, Ubroseal® pode usarse só no manexo da vaca seca e no control da mastite.

Máis información na nota de prensa difundida pola compañía.

Presentación en Lugo

O pasado 26 de abril, a capital lucense acolleu a presentación de Ubroseal®. O evento, onde se deu a coñecer este novo produto, reuniu a case un centenar de veterinarios de calidade de leite chegados de diferentes puntos da comunidade galega.

Co obxectivo de achegarlles aos profesionais a información sobre Ubroseal® e unha actualización en torno ao manexo do secado, a compañía organizou sete presentacións ao longo deste mes de maio.

Máis información na nota de prensa difundida pola multinacional.