Boehringer investirá máis de 25 millóns de euros en I+D durante os próximos cinco anos

Boehringer investirá máis de 25 millóns de euros en I+D durante os próximos cinco anos

Boehringer Ingelheim volveu reforzar en 2021 os investimentos anuais en I+D, alcanzando os 4.100 millóns de euros. Os investimentos en I+D en saúde humana ascenderon a 3.700 millóns de euros, mentres que en saúde animal incrementáronse nun 1% ata chegar aos 416 millóns de euros.

"En 2021 ampliamos a nosa contribución á transformación da vida dos seres humanos e dos animais e reforzamos aínda máis nosa carteira de proxectos combinados", explica Hubertus von Baumbach, presidente da Xunta de Directores. "En consecuencia, tamén intensificamos os nosos esforzos en I+D e obtivemos importantes progresos médicos, incluíndo tres designacións de terapia revolucionaria emitidas pola FDA de EE. UU. para medicamentos innovadores en saúde humana. En saúde animal, establecemos as bases para o lanzamento de novas solucións innovadoras para pequenos animais e animais de produción en 2022 e 2023", engade.

Todos os negocios da empresa contribuíron aos sólidos resultados financeiros de 2021e como consecuencia, poden seguir investindo e reforzado a súa base financeira xeral e independencia. Michael Schmelmer, membro da Xunta de Directores e responsable de Finanzas e Funcións do grupo afirma que "o extraordinario compromiso de todos os nosos empregados nun segundo ano de pandemia impulsou os nosos logros".

O negocio de saúde animal de Boehringer Ingelheim é un dos principais provedores do mundo de vacinas, terapias e coidados preventivos que protexen aos animais das enfermidades e a dor. En 2021, o negocio de saúde animal aumentou significativamente as vendas netas nun mercado altamente competitivo e creceu un 6,2%, cunhas vendas netas de 4.300 millóns de euros.

Para 2022, a firma prevé un lixeiro aumento interanual nas vendas netas de forma comparable. Para os próximos cinco anos, planea investir máis de 25.000 millóns de euros en investigación. Ademais, prevense gastos de capital para tecnoloxías de produción innovadoras e unha rede de subministración punteira, cun investimento de máis de 7.000 millóns de euros previstos para o próximos cinco anos. Isto inclúe unha maior expansión das nosas capacidades de produción biofarmacéutica.