A cidade de León acolleu os días 26 e 27 de xuño unha xornada formativa organizada por Boehringer Ingelheim Animal Health España que reuniu a unha vintena de profesionais. A iniciativa, que se celebra cada ano da man do distribuidor Leonvet, desenvolveuse en dúas xornadas nas que se combinaron distintas accións formativas.
O primeiro día, da man de Julio Benavides (investigador do CSIC), o grupo visitou o Instituto de Gandería de Montaña na finca Marzanas-Grulleros, entidade creada en 2008 a través dun convenio de colaboración entre o Consello Superior de Investigacións Científicas e a Universidade de León, cuxo obxectivo é abordar proxectos de carácter multidisciplinar para resolver os problemas do desenvolvemento rural, en xeral, e da gandería, en particular. O segundo día, coa formación e actualización de coñecementos como eixo central, Sergio Santos (Bovitecnia) foi o encargado de liderar a sesión sobre como calcular o valor do traballo dos servizos veterinarios e cales son as claves para unha correcta xestión dunha empresa veterinaria.
A acción, xa consolidada no tempo cunha convocatoria de carácter anual, encádrase no compromiso coa formación dos profesionais que define a filosofía de Boehringer Ingelheim Animal Health España.