Boehringer Ingelheim suma ao seu portfolio de produtos para a Saúde da Ubre un selador de tetos de cor azul

Boehringer Ingelheim actualizou o seu selador de tetos Ubroseal. Dispoñible en España desde o mes de xuño, o novo selador únese a Mamyzin Secado e Bovikalc Dry como parte da carteira de produtos de Boehringer Ingelheim Animal Health para previr novas infeccións intramamarias durante o período seco.

O factor diferenciador que este produto achega é que é o único selador interno de tetos que presenta unha cor azul, facilmente distinguible tanto no teto da vaca como no chan da sala de ordeño, o que permite a identificación do produto e evitar ser confundido con leite, calostro ou coágulos asociados a mastite clínica.

Esta mellora reforza a efectividade dos seladores de tetos, unha forma moi eficaz de reducir o risco de novas infeccións durante o período seco. 

Máis información