A cidade de Lugo acolleu o pasado xoves 8 de febreiro a presentación do Documento de Consenso para a Redución do Consumo de Antibióticos en Vacún, da man de Boehringer Ingelheim. Ao encontro asistiron máis dun centenar de veterinarios dedicados, na súa maioría, á calidade do leite en Galicia.
Carlos Noya, veterinario asesor de calidade de leite en Seragro e un dos autores do traballo, presentou o documento dando a coñecer a súa estrutura, contidos e achegas principais. Cristina Muñoz, da Axencia Española do Medicamento, interveu a través dun vídeo para expor a realidade do uso de antibióticos en España e a nivel global, a relevancia do proxecto e a importancia da redución do uso de antimicrobianos en gandería e veterinaria.
Posteriorrmente tomou a palabra Manuel Cerviño, asesor técnico de Ruminantes de Boehringer Ingelheim Animal Health España, quen centrou o seu relatorio no uso de penicilinas e na aposta da compañía por Ubropen® como tratamento das mastites clínicas de vacas en lactación, causadas por organismos Gram+, sensibles á penicilina.
Así pois, o documento é o resultado da colaboración e o traballo de 12 expertos reunidos pola entidade para consensuar medidas prácticas.