Boehringer Ingelheim pon en marcha un proxecto para a mellora do benestar animal

Boehringer Ingelheim puxo en marcha un proxecto innovador xunto con Innovia Technology, consultora sobre innovación a nivel mundial, que ten o obxectivo de comprender mellor as condutas humanas e como estas afectan o benestar do gando.

O proxecto recompila información de veterinarios e gandeiros de todo o mundo sobre as prácticas gandeiras e as intervencións habituais relativas á xestión da dor. Para poder mellorar o benestar animal, búscase comprender as necesidades dos animais e como estes se ven afectados polo comportamento humano. No entanto, para lograr un cambio neste sentido, é necesario tamén comprender a conduta das persoas.

Máis información na súa nota de prensa