Boehringer Ingelheim organizou unha viaxe profesional para mostrar o sistema de produción de Menorca

Veterinarios de toda España puideron coñecer o sistema de produción de vacún de leite de Menorca nunha viaxe profesional organizada por Boehringer Ingelheim do 9 ao 10 de xuño. Durante estes días, visitaron as ganderías Granxa Alcaidus, Granxa Binissues e Granxa Subaida co obxectivo de analizar un sistema de produción distinto ao da península, así como para abordar outras cuestións como a xestión de pastos e os plans sanitarios da cabana bovina de leite.

Esta iniciativa forma parte do compromiso coa formación dos profesionais co que a compañía trata de achegar valor aos traballan por mellorar a saúde e o benestar dos animais.