Boehringer Ingelheim organiza unha viaxe profesional para visitar ganderías no norte de Italia

Boehringer Ingelheim organiza unha viaxe profesional para visitar ganderías no norte de Italia

Do 14 ao 16 de xuño, Boehringer Ingelheim Animal Health España organizou unha viaxe técnica para veterinarios de vacún de leite á rexión italiana de Reggia Emilia. Para esta iniciativa, o equipo de Boehringer Ingelheim contou coa colaboración de Marco Ablondi, técnico de ruminantes de Boehringer Ingelheim Italia.

Durante a viaxe, os veterinarios puideron coñecer de cerca o sistema de produción de leite da rexión Reggio Emilia. Máis en concreto, a delegación española visitou a granxa Giaroli Ello e Figli, onde observaron o proceso de produción do queixo Parmigiano Reggiano. Ademais, tamén visitaron a granxa Cila que, situada en Novellara, pertence á Cooperativa Lavoratori Agricoli.