Boehringer Ingelheim convoca as bolsas BVDzero para estudantes de veterinaria de todo o mundo

Boehringer Ingelheim convoca as bolsas BVDzero para estudantes de veterinaria de todo o mundo

Boehringer Ingelheim convoca o programa de bolsas BVDzero para estudantes que cursen terceiro, cuarto ou quinto de veterinaria durante o curso 2019-2020. Mediante esta iniciativa, a compañía quere concienciar sobre a diarrea vírica bovina (BVD), a enfermidade infecciosa de maior prevalencia no gando bovino.

As bolsas premiarán a 10 estudantes de veterinaria cun importe de 1.000 euros e coa asistencia ao Congreso Mundial de Buiatría 2020, que terá lugar o próximo ano en Madrid. A selección realizarase por un comité composto por expertos internacionais, en colaboración cun representante da Asociación Mundial de Buiatría e premiarase a estudantes de veterinaria de todo o mundo que destaquen pola súa excelencia académica e que teñan interese en desenvolver a súa carreira profesional no sector vacún.

A presentación das candidaturas está aberta ata o próximo 25 de maio de 2019 e o formulario de solicitude pódese descarga en: http://www.bvdzero.com/bvd_news/bvdzero-scholarship-programme. A resolución farase pública entre os días 3 a 7 de xuño.

Para máis información http://www.bvdzero.es