Boehringer Ingelheim participou como patrocinador nunha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, celebrada o 4 de marzo na Facultade de Veterinaria de Lugo. Unha acción coa que a compañía pretende reforzar os lazos co sector vacún galego coma mostra do seu compromiso coa saúde e o benestar animal.
O encontro reuniu un nutrido grupo de profesionais arredor dun programa no que se analizaron os retos presentes e futuros do sector. Durante a xornada, abordáronse temas como a evolución do seguro de vacún en Galicia ou as estratexias para avanzar no manexo do Cryptosporidium.
Boehringer Ingelheim patrocinou a intervención de Patricia de Celis, quen explicou o papel da vacinación no control das mamites, aspecto fundamental entre os desafíos sanitarios en granxa.
A xornada incluíu outros contidos relacionados coa innovación no sector, como o deseño de instalacións adaptadas ao robot de muxido. Na sesión da tarde, o protagonismo recaeu nos retos do futuro máis inmediato e, en concreto, na remuda xeracional.
Boehringer Ingelheim, coa súa presenza e participación, busca reafirmar a súa aposta pola formación continua, a innovación e a mellora da sanidade nas explotacións de vacún, contribuíndo de forma activa ao progreso e á sostibilidade do sector.