Este mes dan comezo os festexos polos 50 anos de Boehringer Ingelheim Animal Health España. Medio século de compromiso co sector que nace da certeza de que a saúde e o benestar dos animais enriquecen a saúde das persoas, aseguran desde a compañía.
Actualmente, Boehringer Ingelheim Saúde Animal é o segundo negocio deste ámbito máis grande do mundo. Achegando valor a través da innovación, destacan especialmente na área de vacinas e produtos farmacolóxicos, mercado no que son os segundos maiores provedores mundiais. Ademais, traballan nun proceso continuo de investigación para ofrecer os mellores produtos para previr, tratar e curar as enfermidades tanto dos animais de compañía como dos de produción.
Son parte da misión e o propósito da empresa o compromiso coas xeracións futuras, a formación dos profesionais e a contribución á mellora da saúde e o benestar animal. Todo iso, a través do desenvolvemento de ferramentas de monitorización, diagnóstico e solucións preventivas, particularmente para aquelas enfermidades para as que non existe aínda un tratamento satisfactorio.
Cun crecemento do 6,8 % respecto das cifras do ano anterior, a división de saúde animal en España de Boehringer é unha das compañías líder no seu sector, xa que é un dos principais provedores, tanto a nivel local como a nivel mundial, de vacinas, antiparasitarios e terapéuticos.