Biona, de De Heus, ten a súa propia camiseta de Reizentolo

Biona, de De Heus, ten a súa propia camiseta de Reizentolo

Biona, a marca de pensos propiedade de De Heus Nutrición Animal, ten o seu logo estampado nun dos produtos da tenda de roupas e agasallos inspirados na cultura popular galega Reizentolo.

En concreto, forma parte do deseño dunha do tres camisetas da colección "Roupa de Marca". Conta cun divertido xogo de palabras coa frase "Penso, logo existo" xunto coa insignia da firma e o debuxo do busto dunha vaca de raza cachena.

"A marca Biona, cunha longa historia desde mediados dos anos 60, é a máis recoñecida da compañía De Heus en España e Portugal", afirma o xefe de Desenvolvemento de Distribución en España de De Heus, Daniel Castro. "Esta colaboración axudará a continuar e acrecentar esa imaxe de marca Biona tan presente no rural galego", engade. Así mesmo, o CEO de Reizentolo, Eduardo Tejerina, explica que buscaban reivindicar marcas do rural e do sector. De aí saíu a idea de "Roupa de Marca". Non podemos ter unha mellor colaboración, independentemente de que a campaña estea a funcionar mellor mesmo do esperado. O interese e a implicación por parte de De Heus foron unha marabilla".

As camisetas co estampado dedicado a Biona pódense adquirir xa en tenda física e a través da páxina web de Reizentolo.