BiG M 450 CR, a nova segadora autopropulsada de Krone con acondicionar de rodetes

Krone –marca importada para España por Farming Agrícola– presenta a súa nova segadora autopropulsada con acondicionador de rodetes de alto rendemento. Esta nova versión vén complementar os modelos con acondicionador de mayales e son especialmente recomendables para cultivos como a alfalfa. O novo acondicionador de rodetes está dispoñible de serie cos novos rodetes metálicos M-Rolls, co rodete superior cun grupo de tracción, para conseguir un acondicionado exemplar. O novo e robusto acondicionador de rodetes CR con perfil “M” está recomendado para condicións máis difíciles, como forraxes con moita masa foliar ou parcelas con pedras.

Os novos rodetes de aceiro, de 25 cm, contan con accionamientos individuais que aseguran que incluso os cultivos máis densos se procesen de maneira intensa, arroxando uns altísimos rendementos. Xa que ambos os rodetes traballan sen contacto, o conxunto traballa de maneira suave, cun sistema de seguridade antiobxectos.

A intensidade do acondicionado pódese axustar de maneira graduada en función do cultivo e do rendemento (espaciado entre rodetes de 0,5 a 25 mm). Os axustes fanse de maneira rápida e sinxela desde a cabina, para optimizar o murchamento e evitar a fragmentación, todo iso para impactar de maneira positiva nos niveis de nutrientes do cultivo.

A BiG M 450 CR tamén conta de serie con agrupadores de fileiras para segar, acondicionar e fileirar nunha única pasada, aforrando tempo e reducindo o risco de contaminación, á vez que se mellora a calidade do material. O control automático da altura do chasis permite que haxa unha elevada altura sobre o terreo en zonas con alto volume de forraxe. Ademais, a BiG M pode equipase tamén cun kit de fileirado estreito, para controlar aínda máis o proceso de murchamento.

Máis información na nota de prensa emitida pola compañía