Benestar animal, o grande obxectivo de SAT Indelante

Lely Center Los Corrales realizou unha xornada de portas abertas en SAT Indelante (Voto, Cantabria) o 1 de setembro. O obxectivo era dar a coñecer as novas instalacións desta gandería, rexentada polos irmáns Francisco e Santiago del Campo, que destacan polo alto confort que lles ofrecen aos animais e nas que contan con dous Lely Astronaut A5, cos que xa superan os tres muxidos de media.

Nesta reportaxe, publicada en Vaca Pinta 34, ademais de conversar cos propietarios, falamos con Félix López, coordinador de proxectos en Lely Center Los Corrales, Guiomar Aguilar, a Farm Management Support (FMS) de Lely, e Telmo Entrecanales, xerente de Lely Center Los Corrales.