A compañía Bayer ofrece emprego na provincia de Lugo como Especialista en Solucións Agronómicas e Dixitais (ESAD). As principais funcións deste traballo son planificar, executar e recoller información para a xeración de demanda directa cara aos agricultores e o segundo canal (puntos de venda).
A tarefa esencial é influír nas decisións tácticas e estratéxicas para os agricultores, ademais de impactar nas vendas para asegurar un excelente sell-out en coordinación co representante de vendas e distribución.
A continuación detállanse outras especificacións que require o posto:
Responsabilidades
A responsabilidade do rol de ESAD implicaría planificar e executar de maneira efectiva actividades de xeración de demanda directa, influír nas decisións tácticas e estratéxicas para os agricultores, aplicar o deseño do Plan de Crecemento para comprender as necesidades dos agricultores, impactar nas vendas asegurando un excelente sell-out, ter un profundo coñecemento de todo o portafolio e colaborar co equipo do distrito para impulsar a estratexia de xeración de demanda e vendas en aliñamento cos obxectivos xenerais do Customer Facing Squad.
Tarefas clave
-
Planificar e executar actividades de xeración de demanda nos agricultores asignados na zona.
-
Influír nas decisións tácticas e estratéxicas para os agricultores baseándose na información recollida.
-
Aplicar o deseño do Plan de Crecemento utilizando unha base de datos sólida e unha estreita interacción cos agricultores para comprender as súas necesidades.
-
Impactar nas vendas asegurando un excelente sell-out en coordinación co representante de vendas e a distribución.
-
Planificar, impulsar e desenvolver a implementación de ferramentas dixitais nos agricultores.
-
Coñecer en profundidade todo o portafolio para facer as mellores recomendacións ao agricultor.
-
Ser un referente para o agricultor co fin de ofrecer as mellores solucións ás súas necesidades.
-
Traballar en estreita colaboración co equipo no distrito para impulsar a estratexia de xeración de demanda.
Capacidades clave requeridas
-
Título universitario/ Grao medio ou superior en Agricultura.
-
Experiencia de como mínimo 3 anos como técnico agrícola en Galicia.
-
Fortes habilidades de comunicación, colaboración, influencia e xestión de partes interesadas.
-
Orientado a resultados.
-
Preferible nivel intermedio de inglés.
Residencia: Galicia (preferible Lugo ou A Coruña).