GEA Farm Technologies Ibérica presenta un novo concepto de muxido cuxo obxectivo principal é conseguir unha rutina de muxido realizada en horarios fixos e de forma automática con robots de muxido.
O manexo do rabaño é similar ás salas de muxido convencional, pero o proceso realízase de forma automatizada. O operario de granxa encárgase de levar o lote de animais a unha zona de espera e as vacas móxense de forma totalmente automática por medio de robots.
Tras o seu muxido, as vacas volven ao seu lote ou son separadas para algún tipo de tratamento ou intervención por medio de portas selectoras.
Ao rematar a quenda de muxido, realízase un lavado automático dos equipos e quedan listos para a seguinte quenda.
Adaptable a calquera granxa
Este concepto con DairyRobots R9500 está pensado para granxas que están muxindo entre 300 e 1.000 vacas, con deseños que normalmente van desde os 8 aos 16 robots.
Segundo explica o responsable de Muxido Robotizado de GEA Farm Technologies Ibérica, Víctor Jorge, "é un sistema moi compacto e necesítase moi pouca obra para a implementación da zona de muxido".
As vantaxes dos robots para un manexo sinxelo
O sistema de muxido automatizado por lotes ou Batch Milking de GEA combina as vantaxes da robotización coa simplicidade de manexo dunha gran sala de muxido.
Por unha banda, achega as vantaxes propias dos robots en sistema voluntario:
- Automatización e protocolo de muxido (sempre igual).
- Redución de man da obra.
- Información e datos individualizados por vaca (mesmo por teto).
- Calidade de muxido.
- Muxido de cada animal de forma independente, con total tranquilidade.
Doutra banda, simplifica o manexo con tarefas sinxelas:
- As vacas adáptanse moi fácil e aprenden rápido.
- Non existe variación na ración de alimentación (TMR).
- Pódese complementar cunha pequena cantidade de concentrado nos robots.
- Un único operario supervisa o muxido e leva os animais á zona de espera (pode combinar este traballo con outras tarefas: manexo de cubículos e bebedoiros, inseminacións...).
- O operario non necesita coñecer animais nin ter grandes coñecementos, posto que as tarefas están marcadas e son sinxelas de implementar.
- Permite a posibilidade de instalar unha única zona de enfermaría ou zona de tratamentos, común a toda a granxa.
- Pódense facer os cubículos sen molestar aos animais.
Batch Milking con GEA, no mundo
Noutras zonas de Europa xa existen numerosos exemplos con Batch Milking de robots GEA. Tamén é un concepto utilizado en granxas grandes de pastoreo de Irlanda ou Nova Zelanda.
Actualmente, en España, instalouse o primeiro sistema deste tipo nunha granxa de Barcelona con 8 robots R9500 (preparada para 10). Leva traballando 3 meses e os resultados están a ser moi satisfactorios, tanto para o cliente como para o equipo de GEA.
Son moitos os proxectos que desde GEA Farm Technologies Ibérica están a barallarse e asesorando en diferentes granxas de todo o país, polo que, antes de final de ano, a empresa conta con ter máis clientes con Batch Milking GEA. En xullo, comezará xa a instalación doutra granxa co mesmo concepto en Cataluña.
As granxas de máis de 300 vacas decantaranse por este sistema e non polo ordeño voluntario?
Non, en absoluto. Este é un concepto que encaixa en moitas ganderías, pero noutras, segundo as súas necesidades e características, seguirá funcionando o sistema voluntario perfectamente. De feito, actualmente GEA Farm Technologies Ibérica está a instalar varias granxas con 5 e 6 robots en sistema voluntario.
A clave está no estudo de cada caso para ver a mellor solución. Por iso, a empresa conta cunha rede de distribución e con técnicos propios que asesoran, estudan as posibilidades e ven as diferentes alternativas en cada gandería.
"Cada granxa é distinta, non existe unha única alternativa para todos os casos. O valor engadido da nosa compañía está en achegar un amplo abanico de solucións, tanto en muxido convencional como en muxido robotizado, para que o gandeiro poida xestionar a súa granxa de forma cómoda, eficiente e rendible", asegura o responsable de Muxido Robotizado de GEA Farm Technologies Ibérica, Víctor Jorge.
En conclusión, dado que o muxido supón un traballo 24/7 durante os 365 días do ano, a misión de GEA é proporcionarlle o máximo confort ás vacas e conseguir satisfacer as expectativas do gandeiro para que a granxa sexa o máis eficiente posible.