Banco Santander, á cabeza da dixitalización do Anticipo PAC

Banco Santander celebrou en novembro en Lugo unha xornada de presentación das principais novidades da PAC 2023-2027. Nela, os seus representantes sinalaron que o banco asinou en Galicia o 50 % dos anticipios, preto dun milleiro, unha cifra que non deixa lugar a dúbidas sobre o seu compromiso co sector, agora máis que nunca ante esta nova normativa, de obrigado cumprimento a partir do ano próximo.

Durante o acto, que tivo lugar en Lugo o 16 de novembro para presentar os eixes centrais da nova PAC, a directora da Territorial de Banco Santander en Galicia, Rocío Pazos, destacou que detrás desta entidade están os nomes de numerosos técnicos especialistas que en moitos casos levan máis de vinte anos atendendo empresarios e autónomos do sector agrario, porque precisamente este é un dos sinais de identidade do banco: un persoal de traballadores que lles proporcionen confianza, e máis no caso concreto da PAC, pois saben que se trata dun momento delicado e importante para este colectivo.

"Banco Santander é plenamente consciente de que se lle esixe ao sector un proceso de dixitalización moi acelerado; por iso, quere achegar o seu gran de area para axilizalo e que o cliente poida levalo a cabo de forma máis amable e simple", aseveraron os representantes desta entidade.

Neste sentido, Santander sitúase na vangarda das novas tecnoloxías ao servizo dos seus clientes, como o poñen de manifesto algunhas das accións que puxeron en marcha ao longo destes anos, como foi no seu día o lanzamento dunha appque tivo moi boa aceptación e que serve para consultar as subvencións, os prezos das lonxas ou as noticias do sector, entre outras funcións.