Ausama forma á súa rede de distribuidores Weidemann

Ausama forma á súa rede de distribuidores Weidemann

Tras o acordo de colaboración entre Ausama e a compañía alemá Weidemann, a empresa galega creou unha rede importante de distribuidores da marca que permita dar cobertura a todo o territorio español e, nun futuro próximo, a toda a Península Ibérica. 

Para iso,  celebraron xa a primeira edición do curso de formación. Coa estreita colaboración de Weidemann, afondaron nos aspectos clave de toda a gama de produtos, tanto na área de vendas como na parte técnica. Ademais, todos os asistentes tiveron a oportunidade de probar de primeira man a boa resposta das máquinas en condicións de traballo.