Ascol e o LILA presentan unha ferramenta de diferenciación de células somáticas na Agropec

Ascol e o Laboratorio Interprofesional Leiteiro e Agroalimentario de Asturias (LILA) organizan a presentación da nova ferramenta de diferenciación de células somáticas, que está ao servizo da gandería asturiana. A sesión celebrarase mañá, venres 23 de setembro, no Miradoiro do Palacio de Congresos do recinto feiral Luis Adaro de Xixón (Asturias) ás 16:00 horas, coincidindo coa Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras de Asturias (Agropec).

Esta ferramenta ofrece un novo parámetro que se inclúe nos informes de Control Leiteiro, permite coñecer o estado de saúde do ubre, identifica animais que están na etapa inicial dun proceso infeccioso, posibilita aforrar tempo e diñeiro nos tratamentos antibióticos e é útil na aplicación do secado selectivo.