Ascol Genetics (Asturiana de Control Lechero, S. Coop. Astur) recibiu o Premio Exporta ao Mellor Plan de Internacionalización 2025, na categoría de empresa exportadora. O galardón foi convocado por Asturex e patrocinado por Caja Rural de Asturias.
O premio recoñece a solidez da súa traxectoria internacional, os seus resultados en mercados exteriores e o traballo sostido en posicionamento e visibilidade de marca.
O plan premiado, desenvolvido dentro do programa Exporta Más de Asturex, permitiu abrir novas oportunidades en mercados coma Hungría, Romanía, República Checa, Marrocos, India, Paquistán ou Xapón, ademais de reforzar a súa presenza en países onde xa operaba.
Entre as accións máis destacadas están a misión comercial a Marrocos, a participación na World Dairy Expo de Madison, a feira máis importante do sector no mundo, e o patrocinio da V Copa Holstein Latinoamericana.
O xurado valorou especialmente a calidade técnica do plan e o seu impacto na consolidación do posicionamento internacional da cooperativa.
Mauro Vega, director xeral de Ascol Genetics, sinalou que este recoñecemento supón “un respaldo ao traballo que se vén facendo nestas catro décadas. Somos unha cooperativa asturiana que compite en mercados globais e este premio anímanos a seguir medrando”.