Arranca a terceira edición de Ganadería en Femenino

"Onde hai mulleres, hai vida" é a lema do proxecto Ganadería en Femenino, unha iniciativa desenvolvida en 2020 por Zoetis orientada a dar unha maior visibilidade ás mulleres que traballan dunha forma ou doutra por e para o sector gandeiro, desde gandeiras, veterinarias e enxeñeiras, ata investigadoras e empresarias. Coincidindo coa próxima celebración do Día Internacional da Muller, o día 8 de marzo, Ganadería en Femenino arrinca a súa terceira edición co obxectivo de, un ano máis, fomentar a igualdade entre homes e mulleres na área rural.

Comunicación, formación e recoñecemento

Tres son os alicerces de Ganadería en Femenino. En primeiro lugar, a comunicación, porque resulta fundamental dar a coñecer a grande achega das mulleres como traballadoras agrarias e gandeiras máis aló do campo. En segundo lugar, a formación, pois mediante o coñecemento e a información é posible profesionalizar a actividade das mulleres no ámbito rural e mellorar a súa calidade de vida. E, por último, pero non menos importante, o recoñecemento social: unha forma de premiar a todas estas mulleres e o seu compromiso, xa non só co mundo rural, senón coa sociedade en xeral. Así, cada ano faise entrega do Premio Zoetis Ganadería en Femenino a aquelas mulleres que destacan polas achegas dos seus proxectos e actividade á comunidade na que se desenvolven.