Anunciados os gañadores do premio BVDzero España 2020 de Boehringer

O caso “Podemos durmir tranquilos vacinando só fronte á BVDV en granxas nodrizas?” presentando por Aitor Fernández (Bovitecnia, Madrid) recibiu o primeiro premio nos Premios BVDzero España 2020. A convocatoria outorgou cinco premios cun importe total de 8.000 euros e, por primeira vez, estivo patrocinado Boehringer Ingelheim Animal Health España.

Aranza González (ADS Mesía, A Coruña), recibiu o segundo premio polo caso “Cando a BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados”; mentres que Ángel José Isla (Clínica Veterinaria Albeites, Ourense), Luis Dubarbie (Veterinarios Asociados, Cantabria) e Sara Cuello (Ganavic, Huesca) obtiveron o terceiro, cuarto e quinto premio, respectivamente.

Os portavoces de Boehringer Ingelheim Animal Health España agradeceron a todos os candidatos a súa participación e, respecto dos galardoados, destacaron que “o uso destes casos clínicos reforzará a comunicación da BVD para poder concienciar sobre o estado actual da enfermidade en España”.