Anka celebra 35 anos no coidado dos pezuños do gando bovino

Anka celebra 35 anos no coidado dos pezuños do gando bovino

A semana pasada, a compañía Anka, dedicada ao cuidado dos pezuños do gando bovino desde hai xa 35 anos, organizou na súa sede central de Orkoien (Navarra) unha serie de charlas sobre o coidado de pezuños, ás que asistiron numerosos gandeiros de Navarra, País Vasco, La Rioja, Cantabria, Galicia e Cataluña. 

Os relatorios viñeron da man de Daniel Zalduendo, director de vendas e veterinario de Anka, e de Adrián González, fundador de Anka. Máis tarde, varios técnicos da compañía impartiron tres talleres especializados. 

Cabe resaltar deste encontro a intervención de Eki González, xerente de Anka, que repasou a traxectoria da empresa e presentou un novo proxecto: a unión de Anka e Arbandieta Manuacturas nunha nova nave de 1.600 metros cadrados, en Orkoien.