AMSlab lanza un servizo e análise para verificar a presenza da proteína A1 nos produtos lácteos

AMSlab lanza un servizo e análise para verificar a presenza da proteína A1 nos produtos lácteos

A biotech galega AMSlab, a través da súa liña de negocio AMSfood, ofrece un servizo de análise para a identificación da proteína A1/A2 nos produtos lácteos. Así, responde as necesidades dun mercado que cada vez máis busca ofrecer ao consumidores leite do tipo A2, máis dixestible e que evita as molestias estomacais que, en moitas ocasións, se asocian erroneamente a intolerancia á lactosa.

Actualmente existen vacas con xenotipos A2A1, A1A1 e, as máis desexadas, as A2A2. A diferenza entre unha e outra reside na súa forma de actuar no noso sistema dixestivo. Orixinariamente, as vacas producían leite de tipo A2, pero debido a unha mutación xenética o tipo A1 foi gañando terreo. Na actualidade, os leites comerciais existentes conteñen unicamente a proteína β-caseína A1 ou mestura de β-caseína A1 e A2, sendo ambas perfectamente válidas para o consumo. Con todo, existen estudos nos que se manifesta que a proteína -β-caseína A1 pode dar lugar a problemas gástricos ou autoinmunes nalgunhas persoas. É por este motivo que tanto consumidores como produtores e distribuidores de leite buscan cada vez máis este produto de tipo A2 e polo que desde hai un tempo está a comercializarse leite que contén unicamente β-caseína A2, evitando así este tipo de doenzas aos consumidores.

"O obxectivo desta análise consiste en certificar que os leites que se comercializan actualmente como A2 conteñan unicamente esa proteína e que non estea presente a proteína β-caseína A1. Puxemos a punto unha metodoloxía analítica baseada en Proteómica e análise mediante HPLC-MS-MS que nos permite distinguir ambas as proteínas", asegura Manuel Lolo, CEO de AMSlab.