Amazone presenta o terminal EasySet 2 para as fertilizadoras ZA-V

Como alternativa á trapela de accionamiento hidráulico que se atopa nos modelos máis básicos das ZA-V, Amazone –importado para España e Portugal en exclusiva por Farming Agrícola– ofrece agora o terminal EasySet 2 na cabina. Co EasySet 2 pódese accionar a trapela de maneira eléctrica, pulsando un botón. Para iso non se precisa de conexións hidráulicas, xa que só se necesita un conector de 12 V para o terminal.

O terminal EasySet 2 non necesita menú de navegación, xa que cada botón está asignado a unha única función, o que lle fai ser de moi sinxelo manexo. Os laterais da trapela pódense abrir e pechar electricamente en ambos os lados, ou unicamente nun, segundo as condicións de traballo. A dose de aplicación desexada introdúcese no terminal e pódese cambiar dun en un ou en tramos de dez durante o fertilizado. Así non é necesario baixarse do tractor e axustar manualmente a escala na parte traseira da máquina.

Máis información na nota de prensa emitida por Farming Agrícola