O 13 de novembro de 2018, o grupo Amazone –cuxos produtos importa en exclusiva Farming Agrícola para España e Portugal– inaugurou oficialmente a súa nova fábrica na área industrial de Schleptrup, próxima a Bramsche. As novas instalacións inclúen zonas de montaxe, envío e almacenamento, nunha superficie de 16.000 m2, xunto cun edificio dedicado unicamente a oficinas. O investimento total do proxecto foi de arredor de 16 millóns de euros. A fábrica atópase na actualidade totalmente equipada, e a montaxe final dos pulverizadores arrastrados UX xa se realiza nestas novas instalacións. Tendo en consideración os anchos de traballo destes modelos, ata 40 m, deseñáronse amplas zonas de traballo que facilitan unhas condicións de traballo ideais. Durante o próximo ano irase aumentando progresivamente o número de empregados nas liñas de produción, premontaxe, loxística e administración, ata chegar a 150 traballadores.