A compañía Alltech Spain presentará o próximo 7 de xuño en Vigo, no marco do XXIII Congreso Internacional Anembe de Medicamento Bovino, a súa plataforma InTouch, unha nova tecnoloxía na nube que pretende cambiar a industria agrogandeira. O acto, que terá lugar na Sala de Cristal de Alltech Spain, terá dous pases: un primeiro de 10:00 a 11:00 e un segundo de 12:30 a 13:30.
SOBRE INTOUCH
InTouch é un servizo de soporte e consulta a tempo real que conta cun grupo especializado de nutricionistas e que se vale da tecnoloxía para asegurar que os animais teñan exactamente o que necesitan en cada momento. Proporciona unha mellora constante do rabaño a través da recollida de datos, os cales son usados para proporcionar consellos que permitan ao gandeiro tomar mellores decisións. Deste xeito, axudará ao manexo da saúde do rabaño, á formulación da ración e a establecer a proporción correcta entre a ganancia de peso e o custo da ración co obxectivo de aumentar os beneficios.