Alltech ONE Virtual Experience presenta un equipo maxistral e estelar

Alltech ONE Virtual Experience presenta un equipo maxistral e estelar

Alltech deu a coñecer o elenco de conferenciantes que destacarán na Alltech ONE Virtual Experience, cuxo programa dixital se inaugurará o día 18 de maio de 2020. Esta experiencia virtual ofrece ás participantes visións perspicaces baixo demanda que transcenden a cultura e o sector industrial, presentando solucións guiadas pola innovación, para vencer retos na agricultura, a gandería, no mundo dos negocios e na nosa vida cotiá.

Cady Coleman, exastronauta da NASA e Coronel das Forzas Aéreas estreará a experiencia virtual cunha presentación en streaming o luns 18 de maio. Cady Coleman pasou un total de 180 días na Estación Espacial Internacional levando o teletraballo a outra fronteira. Presentará un debate cativador acerca da vida no espazo, a resiliencia e o permanecer conectados desde calquera dominio.

A Alltech ONE Virtual Experience tamén contará con David McWilliams, economista e profesor adxunto de Economía Globalna Trinity School of Business, do Trinity College, en Dublín, quen compartirá os seus profundos puntos de vista acerca de como se tomarán as decisións empresariais no medio da disrupción global. Jessica Adelman, CEO de ESG Results, falará dos seus coñecementos acerca dos hábitos duradeiros do novo consumidor que xurdirá tras o confinamento. Jack Bobo, CEO de Futurity, explicará a súa perspectiva sobre os desafíos e as oportunidades que xurdan na seguinte era da agricultura e a gandería. Frank Mitloehner, profesor e especialista en calidade do aire, na Extensión Cooperativa do Departamento de Ciencias Animais, da Universidade de California, en Davis, ofrecerá unha análise exhaustiva, separando os feitos reais dos ficticios, salvando as brechas na comunicación.

Mark Lyons, presidente e CEO de Alltech, pechará o panel de conferenciantes cun chamamento á colaboración para mellorar a xestión das explotacións agropecuarias e a produción de alimentos, o benestar humano e o dos animais e a conservación dos recursos naturais.

Haberá, en streaming, unha conferencia maxistral distinta na Alltech ONE Virtual Experience cada día ás 15:00 hora local, a partir do luns 18 de maio ata o venres 22 de maio. As persoas inscritas poderán participar en coloquios con oradores selectos directamente tras as súas presentación e as que non poidan conectarse ás presentacións programadas en streaming poderán acceder posteriormente a elas baixo demanda.

Programa completo